De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, pola que se aproba a Lei de transparencia de boas prácticas na Administración pública galega, faise pública a relación de convenios subscritos por esta sociedade no terceiro cuadrimestre de 2011.
Data |
Vencemento |
Importe |
Contratista |
Referencia |
Obxecto |
1.7.2011 |
30.9.2011 |
6.500,00 € |
Universidade Internacional Menéndez Pelayo. UIMP |
CV0007/2011 |
Convenio de colaboración no encontro «A xestión dos recursos ambientais en Galicia. Experiencias, retos e perspectivas» organizado pola UIMP |
26.9.2011 |
30.6.2012 |
Sen custo económico |
Universidade de Santiago de Compostela |
CV0008/2011 |
Convenio entre a Universidade de Santiago de Compostela e Sogama para a realización de prácticas de alumnos/as do Máster Oficial en Xestión Pública |
26.10.2011 |
25.10.2016 |
90.000,00 € |
Concello de Cerceda |
CV0009/2011 |
Convenio de colaboración entre as partes para a posta en funcionamento dun xardín botánico que está promovendo na actualidade o Concello de Cerceda |
Cerceda, 13 de xaneiro de 2012.
Luis Lamas Novo
Presidente