Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2012 Páx. 4866

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (609/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 609/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Pilar Taibo Arijón, Natalia Navarrete Utrilla, Carmen María Meseguer Medín e Patricia Rodríguez Malvesada contra a empresa Media Digital Planning, S.L. sobre reclamación de cantidade –ordinario– se ditou a seguinte sentenza:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María Pilar Taibo Arijón, Natalia Navarrete Utrilla, Carmen María Meseguer Medín e Patricia Rodríguez Malvesada, contra a entidade Media Digital Planning, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Media Digital Planning, S.L. a que lle aboe a cada unha das demandantes a cantidade de 1.733 euros brutos por salarios devengados en marzo e abril de 2011, así como a compensación económica por vacacións, incrementadas no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial. Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 euros do depósito especial indicado no artigo 227.1 a) da Lei de procedemento laboral. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Media Digital Planning, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente na Coruña, 17 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial