Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2012 Páx. 4945

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cristovo de Cea

ANUNCIO de nomeamento de funcionaria de carreira.

Tras as probas selectivas realizadas para a provisión dunha praza de auxiliar administrativo - auxiliar de animación sociocultural. Grupo de titulación C - subgrupo C2. Escala de Administración especial. Subescala: servizos especiais, clase: cometidos especiais, conforme as súas bases que foron publicadas integramente no Boletín Oficial da provincia de Ourense, número 265, do 23 de novembro de 2011, e en extracto no Diario Oficial de Galicia, número 228, do 29 de novembro e no Boletín Oficial del Estado, número 291, do 3 de decembro.

Fago saber que por proposta do tribunal cualificador e por Decreto da Alcaldía do vinte e tres de xaneiro de dous mil doce efectuouse o nomeamento de funcionaria de carreira da persoa que se indica:

Apelidos e nome: Mosquera González, Lourdes.

DNI: 76712308-V.

Auxiliar administrativo - auxiliar de animación sociocultural.

Grupo de titulación C - subgrupo C2.

Escala de Administración especial.

Subescala: servizos especiais.

Clase: cometidos especiais.

San Cristovo de Cea, 26 de xaneiro de 2012.

José Luis Valladares Fernández
Alcalde-presidente