Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 4986

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se crea e se clasifica un posto de traballo reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal no Concello de Vigo.

O Concello de Vigo formula proposta relativa á creación do posto de viceinterventor/a adxunto/a, reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal pertencentes á subescala de intervención-tesouraría, categoría superior, conforme o acordo adoptado pola Xunta de Goberno local en sesión que tivo lugar o día 29 de decembro de 2011, sobre aprobación da modificación puntual da vixente relación de postos de traballo para a creación do posto de viceinterventor/a adxunto/a.

O artigo 3.g) do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, establece que os postos de colaboración poden ser creados discrecionalmente polas corporacións locais e ser clasificados por proposta daquelas polo órgano competente da Comunidade Autónoma.

Na súa virtude, de acordo co establecido na disposición adicional segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, nos artigos 3 e 10 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, en concordancia coa disposición transitoria sétima da Lei 7/2007 e demais normativa de aplicación, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, en relación co artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e a Orde do 22 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias,

DISPÓN:

Crear o posto de traballo de viceinterventor/a adxunto/a do Concello de Vigo, que se clasifican como se especifica no anexo que se xunta a esta resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnarse directamente perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo o disposto no artigo 46 en relación co 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2012.

José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local

ANEXO

Corporación: Concello de Vigo.

Posto de traballo: viceinterventor/a adxunto/a.

Clase: primeira.

Subescala: intervención-tesouraría.

Forma de provisión: libre designación.