Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 5208

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se anuncia a ampliación do prazo polo procedemento aberto e ordinario da subministración enerxética prestacional e servizo de mantemento e conservación de edificios, instalacións e equipos, do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. (AB-CHS1-12-001).

O prazo inicial de presentación de proposicións amplíase en trinta (30) días, como consecuencia da publicación e entrada en vigor do Real decreto lei 1/2012, do 27 de xaneiro, polo que se procede á suspensión dos procedementos de preasignación de retribución e á supresión dos incentivos económicos para novas instalacións de produción de enerxía eléctrica a partir de coxeración, fontes de enerxía renovables e residuos.

Nova data límite de presentación de proposicións: 9 de marzo de 2012.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2012.

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela