Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 4957

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Decreto 45/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 16, do martes, 24 de xaneiro de 2012, segundo o establecido no artigo 105 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, é necesario realizar as seguintes correcións:

1. Na páxina 3647, no artigo 9. Catro, punto 1, punto 1.1), onde di: «Xestionar as obras duplicadas e procedentes de expurgión», debe dicir: «Xestionar as obras duplicadas e procedentes de expurgo».

2. Na páxina 3678, no artigo 23, onde di: «Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Xeral», debe dicir: «Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial».

3. Na páxina 3700, na Disposición adicional primeira, punto 1), onde di: «mediante resolución do órgano competente en materia de función pública», debe dicir: «mediante resolución do órgano competente en materia de función pública, por proposta da Dirección da Amtega».

4. Na páxina 3700, na Disposición adicional primeira, punto 2) onde di: «segundo se dispoña por resolución da Dirección da Amtega», debe dicir: «mediante resolución do órgano competente en materia de función pública, por proposta da Dirección da Amtega».