Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 5009

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1048/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1048/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Eva Álvarez López contra a empresa Intermediarios Coruña, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza:

«Que debo estimar e estimo subsidiariamente a demanda que en materia de despedimento foi interposta por María Eva Álvarez López contra a entidade Intermediarios Coruña, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto en data 23 agosto de 2011, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes desde a data da presente resolución, ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Intermediarios Coruña, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 3.172,78 euros máis ao aboamento dos salarios de tramitación entre a data do despedimento e a presente resolución, cuantificados a razón de 12,63 euros diarios e, polo tanto, 1.780,55 euros. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 euros do depósito especial indicado no artigo 227.1.a) da LPL. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista. Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación á empresa Intermediarios Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este na Coruña o dezasete de xaneiro de dous mil doce.

A secretaria xudicial