Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2012 Páx. 5325

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 17 de xaneiro de 2012, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifica á persoa interesada a resolución ditada no expediente sancionador E.S.OU-04/11.

Mediante esta cédula notifícaselle á persoa que se menciona no anexo que con esta data resolvín publicar a resolución do expediente sancionador por infracción do réxime legal de vivenda protexida, por non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos, de conformidade co disposto no artigo 59.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 17 de xaneiro de 2012.

José Manuel González García
Xefe da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: ES.OU-04/11.

Responsable: José Miguel Romero Fuentefría.

Enderezo: avenida de Vigo, bloque II, portal 1-B, 4.º C - Grupo O Pino.

Feitos imputados: deixar a vivenda protexida desocupada sen xusta causa recoñecida pola Administración.

Infracción: grave.

Sanción: multa de seis mil un (6.001) euros.