Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2012 Páx. 5285

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Ponteareas (expediente IN407A 2011/179-4).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Sestelo Central Eléctrica.

Domicilio social: Doutor Fernández Vega 14, 36000 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. e C.T.C. Decon.

Situación: Ponteareas.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, con condutor Hersatene D.H.Z.1 de 140 metros de lonxitude, con orixe nun apoio da L.M.T.A. de derivación á Ponte das Partidas e con entrada e saída no C.T. proxectado Decon. Centro de transformación de 250 kVA, R.T. 20 kV/230-400 V, situado en Urcela de Abaixo, Moreira, Ponteareas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción desta resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, de 22 de xullo.

Contra esta resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 5 de xaneiro de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra