Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2012 Páx. 5304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato das obras da nave de clasificación de percebe en Aguiño, Ribeira (A Coruña), cofinanciada polo Fondo Europeo da Pesca (FEP) nun 61%.

Para os efectos do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato das obras da nave de clasificación de percebe en Aguiño, Ribeira (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 2011-14-252.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=16240

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo, de obras.

b) Descrición: obras da nave de clasificación de percebe en Aguiño, Ribeira (A Coruña).

(Esta actividade está cofinanciada polo Fondo Europeo da Pesca (FEP) nun 61%).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45000000-7.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG n.º 114.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 15.6.2011.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 500.378,16 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 500.378,16 euros. Importe total: 590.446,23 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 31.12.2011.

b) Data de formalización do contrato: 16.1.2012.

c) Contratista: Francisco Gómez y Cía, S.L., con NIF: B15009533.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 385.000 euros. Importe total: 454.300 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración xa que acadou a máxima puntuación.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2012.

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar