Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2012 Páx. 5311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento para deixar sen efecto a resolución da axuda e declarar a perda do dereito ao seu cobramento, en relación co expediente núm. 27/01208/09F de axudas para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas (Orde do 23 de setembro de 2009), do interesado SAT Otero Novo 1170 XUGA.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio, o acordo de inicio do procedemento para deixar sen efecto a resolución da axuda e declarar a perda do dereito ao seu cobramento.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Explotacións Agrarias da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas no edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado acordo e constancia de tal coñecemento.

Antes de ditarse a resolución pola que se declare, de ser o caso, a perda do dereito ao cobramento da axuda concedida e de acordo co disposto no artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o interesado dispón dun prazo de 15 días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para presentar cantas alegacións e documentos estime convenientes. Se transcorrese o dito prazo sen que o beneficiario presentase alegacións, o órgano competente poderá, sen máis trámite, resolver este procedemento nos mesmos termos contidos no acordo de inicio.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2012.

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Procedemento: expediente núm. 27/02208/09F de axudas para a mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas a través da redución dos custos de produción (Orde do 23 de setembro de 2009).

Interesado: SAT Otero Novo 1170 XUGA.

Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento para deixar sen efecto a resolución da axuda e declarar a perda do dereito ao seu cobramento.

Último enderezo coñecido: Lg. Braxa, s/n, 27250, Santa Leocadia, Lugo.