Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2012 Páx. 5467

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Irixo

ANUNCIO de información pública sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Aprobado inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal por acordo do Pleno do 22 de decembro de 2011, de conformidade co artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas para aqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

A duración da suspensión é dun ano, prorrogable un ano máis.

O Irixo, 9 de xaneiro de 2012.

Manuel Penedo Paradela
Alcalde