Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2012 Páx. 5726

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 19 de xaneiro de 2012 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de postos de persoal directivo na estrutura de Xestión Integrada da Coruña.

Por Orde desta consellería do 15 de novembro de 2011 (DOG núm. 232, do 5 de decembro) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de postos directivos na estrutura de Xestión Integrada da Coruña.

De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en uso das atribucións que ten conferidas, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 15 de novembro de 2011 (DOG núm. 232, do 5 de decembro), para os efectos previstos no punto 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Segundo. Seleccionar e nomear, para o desempeño dos postos que se indican, as persoas que figuran no anexo desta orde.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2012.

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Posto: director/a de Procesos de Enfermaría.

Nome e apelidos: Carmen Amado Aller.

Posto: director/a de Procesos con Ingreso.

Nome e apelidos: Jesús Santiago Ares Martínez.

Posto: director/a de Procesos sen Ingreso e Urxencias.

Nome e apelidos: Concepción Garrido Villarino.

Posto: director/a de Procesos de Soporte.

Nome e apelidos: Jerónimo José Pardo Vázquez.

Posto: subdirector/a de Sistemas de Información.

Nome e apelidos: José Guillermo Vázquez González.

Posto: subdirector/a de Calidade, Atención ao Paciente e Admisión.

Nome e apelidos: María del Pilar Mata Freire.

Posto: subdirector/a de Procesos Asistenciais da Área de Enfermaría.

Nome e apelidos: Gerardo Barreiro Pombo.

Posto: subdirector/a de Procesos Asistenciais da Área de Enfermaría.

Nome e apelidos: María Dolores Eiriz Barbeito.

Posto: subdirector/a de Procesos Asistenciais da Área de Enfermaría.

Nome e apelidos: María Nieves Rodríguez Sánchez.

Posto: subdirector/a de Procesos Asistenciais da Área de Enfermaría.

Nome e apelidos: María Josefa Sánchez Mesías.

Posto: subdirector/a de Procesos Asistenciais da Área Médica.

Nome e apelidos: María Socorro Cegarra García.

Posto: subdirector/a de Procesos Asistenciais da Área Médica.

Nome e apelidos: Ana María Martínez Bugallo.

Posto: subdirector/a de Procesos Asistenciais da Área Médica.

Nome e apelidos: María José Pereira Rodríguez.

Posto: subdirector/a de Procesos Asistenciais da Área Médica.

Nome e apelidos: Vicente Javier Prieto Cebreiro.

Posto: subdirector/a da Área de Recursos Económicos.

Nome e apelidos: Francisco Javier García Embudo.

Posto: subdirector/a da Área de Recursos Económicos.

Nome e apelidos: Marina Pereira Mota.

Posto: subdirector/a da Área de Recursos Humanos.

Nome e apelidos: María del Carmen Balboa Salgado.

Posto: subdirector/a Médico/a de Cee.

Nome e apelidos: Cándido Díaz Rodríguez.

Posto: subdirector/a de Enfermaría de Cee.

Nome e apelidos: David Vilaseco Rivera.

Posto: subdirector/a de Xestión de Cee.

Nome e apelidos: Francisco Freire Benito.