Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2012 Páx. 5897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2012 pola que se fai público o concurso para selección dun guindastre para izada/varada de embarcacións e actividades complementarias de reparación de embarcacións no porto de Pontedeume (expediente 12-10-12-C-1).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección.

c) Número de expediente: 12-10-12-C-1.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do proxecto: o obxecto do procedemento aberto é a selección dunha oferta para a tramitación da concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario con destino á explotación dun guindastre de 5 t para a izada/varada de embarcacións e actividades complementarias de reparación de embarcacións no porto de Pontedeume.

b) Lugar da concesión: porto de Pontedeume. Concello de Pontedeume (A Coruña).

c) Prazo da concesión: cinco (5) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran na cláusula décima. D. do prego de bases.

4. Taxa de explotación: a especificada no prego de bases.

5. Garantías.

a) Provisional: a especificada no prego de bases.

b) Definitiva: a especificada no prego de bases.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: entidade pública Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A, 6.ª Polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Teléfono: 981 95 75 51.

e) Fax: 981 54 53 24.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

g) Perfil do contratante: os pregos administrativos desta convocatoria poderanse obter nos seguintes enderezos da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17185

7. Requisitos específicos do solicitante: os especificados no prego de bases.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do vixésimo sexto (26.º) día hábil seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado no prego de bases.

c) Lugar de presentación:

Entidade: entidade pública Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa, 5 A-6.º. Polígono das Fontiñas (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: entidade pública Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 10-4.º. Polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Data: a apertura pública das ofertas (sobre 2) levarase a cabo nun prazo non superior a sete días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre 1. No acto público de apertura do sobre 2, a mesa fixará e dará publicidade á data, lugar e hora na que se procederá á apertura do sobre 3.

e) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre 1 e publicará no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios dos servizos centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que, logo de comunicación aos interesados, se emenden, se fose o caso, e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2012.

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia