En cumprimento do disposto na Resolución do 20 de xaneiro de 2012 da Consellería de Facenda (DOG núm. 23, do 2 de febreiro) e do establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, o día 7 de febreiro no salón de actos número 2 pequeno da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, edificio administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, tivo lugar o sorteo a que alude a citada resolución.
Conforme o resultado do sorteo, a orde de actuación dos aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración autonómica de Galicia que deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2012, empezará por aqueles cuxo primeiro apelido empece pola letra «Z».
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2012.
Elena Muñoz Fronteriz
Conselleira de Facenda