Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2012 Páx. 5852

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2012 pola que se aproba e fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes pola quenda de promoción interna á realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para cubrir tres prazas da categoría profesional xornalista, grupo I, desta universidade.

Por Resolución do 22 de setembro de 2011 (DOG do 10 de outubro e BOE do 31 de outubro), convocáronse probas selectivas para cubrir tres prazas da categoría profesional de xornalista da USC, grupo I, dúas pola quenda de promoción interna e unha pola quenda de acceso libre.

Por Resolución do 16 de decembro de 2011 (DOG do 3 de xaneiro de 2012), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web: http://www1.usc.es/webpas/

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de promoción interna para a realización do primeiro exercicio da primeira fase, o día 11 de abril de 2012, ás 17.00 horas, na Sala de Doutoramento (2.º andar), da Facultade de Ciencias da Comunicación (Campus Norte, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios realizaranse nos lugares indicados no punto 6.4 das bases da convocatoria e na páxina web: http://www.usc.es/xerencia/tribunais/tribunais.htm

As persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre serán convocadas para a realización do primeiro exercicio da primeira fase mediante resolución reitoral, na cal se indicará o día, a hora e o lugar e que se publicará no DOG.

Cuarto. As persoas aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio co DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis do n.º 2 e goma de borrar para a realización dos exercicios tipo test.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2012.

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela