Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6072

I. Disposicións xerais

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 59/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establecen as condicións e o procedemento para a homologación pola Academia Galega de Seguridade Pública de cursos impartidos por outras entidades.

Advertido erro no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 26, do martes 7 de febreiro de 2012, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 5224, no artigo 4.2, onde di: «A solicitude presentarase, como mínimo, con dous meses de antelación ao día sinalado para o comezo do curso, no Rexistro da Academia Galega de Seguridade Pública, ou en calquera outro dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común», debe dicir: «A solicitude presentarase, como mínimo, con dous meses de antelación ao día sinalado para o comezo do curso, no Rexistro da Academia Galega de Seguridade Pública, ou en calquera outro dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Tamén se poderá presentar electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.es».