Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6512

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 10 de xuño de 2011 pola que se fai pública a aprobación definitiva e as disposicións normativas do proxecto sectorial do parque empresarial de Touro (A Coruña), aprobado mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia do 9 de xuño de 2011.

Advertidos erros na Resolución do 10 de xuño de 2011 pola que se fai pública a aprobación definitiva e as disposicións normativas do proxecto sectorial do parque empresarial de Touro (A Coruña), aprobado mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia do 9 de xuño de 2011, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 133, do 12 de xullo de 2011, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 19275 no número 6.5. «Redes de enerxía eléctrica» das disposicións normativas contidas na Resolución do 10 de xuño de 2011 determínanse as condicións mínimas exixibles para o proxecto de rede de enerxía eléctrica.

A primeira das condicións mínimas exixibles di:

«O consumo orientativo que se considerará para o cálculo da instalación será de 30 W/m2 de superficie neta de parcela.

Sobre este consumo aplicaranse os coeficientes regulamentados ou, na súa falta, os usuais da compañía distribuidora».

A primeira das condicións mínimas exixibles debe dicir o seguinte:

«O consumo orientativo que se considerará para o cálculo da instalación será de 125 W/m2 de superficie edificable.

Sobre este consumo aplicaranse os coeficientes regulamentados ou, na súa falta, os usuais da compañía distribuidora».

Na páxina 19276, a penúltima das condicións mínimas di:

«A tensión en M.T. será a normalizada pola compañía na zona, e en B.T. a de 380/220 V».

A penúltima das condicións mínimas debe dicir o seguinte:

«A tensión en M.T. será a normalizada pola compañía na zona, e en B.T. a de 400/230 V».