Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2012 Páx. 6525

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública sobre apertura de supermercado (LAP/252/2011).

Mercadona solicitou licenza de apertura para supermercado de alimentación e aparcamento no parque empresarial Costa Vella-A Sionlla, parcela N4a01-a Santiago de Compostela (A Coruña). Consonte o Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan formular por escrito as reclamacións que consideren pertinentes. O correspondente expediente LAP/252/2011 pode consultarse no Negociado de Aperturas deste concello.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2012.

María Pardo Valdés
Concelleira delegada de Urbanismo