Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6802

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2012.

Advertidos erros na referida orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 32, do 15 de febreiro de 2012, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 5952, no artigo 5.1, sobre autorización de datos do documento nacional de identidade da persoa solicitante e do/da seu/súa cónxuxe ou parella, onde di: «anexo I», debe dicir: «anexo IV».

Na páxina 5952, no artigo 5.2, sobre os anexos que teñen que presentar as persoas anteriormente beneficiarias, onde di: «anexo I», debe dicir: «anexo I, III e IV».

Na páxina 5953, na alínea b) do artigo 6.2, onde di: «anexo II e III», debe dicir: «anexo II, III e IV».

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.