Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 6983

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como, para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na Comunidade Autónoma, a homologación de ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se realice.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, nivel cualificado.

2. Entidade organizadora.

Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U.

3. Data.

Os días 17, 19, 24, 26 de abril e 2, 3, 8, 10, 15, 16, 22, 24 de maio de 2012.

4. Lugar de realización.

Instalacións de Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U.

Avda. Primo de Rivera n.º 4, 2.º local 6-7.

15006 A Coruña.

5. Número de prazas.

Máximo 20 alumnos.

6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar dos servizos de aplicación de biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo modelo anexo.

9. Programa.

Día 17.4.2012

16.00-21.30 horas

Biocidas. Concepto de biocida. Historia.

Composición. Utilización de biocidas.

Clasificación dos praguicidas.

Lexislación aplicable aos biocidas.

Día 19.4.2012

16.00-21.30 horas

Biocidas: clasificación, almacenamento, transporte.

Lexislación aplicable aos biocidas.

A etiqueta dos envases dos praguicidas. Etiquetaxe.

Día 24.4.2012

16.00-21.30 horas

Biocidas: formulación, preparación de biocidas.

Lexislación de aplicación. Produtos utilizados.

Práctica, preparación de disolucións.

Día 26.4.2012

16.00-21.30 horas

Risco para o home derivado do uso de biocidas.

Prevención de riscos laborais. Relación traballo-saúde.

Toxicidade dos biocidas. Estudos de letalidade. Efectos tóxicos.

Seguridade laboral. Seguridade non laboral.

Frases R Frases S.

Día 2.5.2012

16.00-21.30 horas

Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de biocidas.

Precaucións durante a utilización dos equipamentos.

Epis de protección.

Práctica: uso adecuado dos medios de protección persoal.

Tipos de máscaras, protectores oculares, guantes.

Día 3.5.2012

16.00-21.30 horas

Técnicas de aplicación de biocidas. Descrición dos equipamentos mecánicos.

Métodos de loita antivectorial: químicos e biolóxicos.

Tipos de boquillas.

Día 8.5.2012

16.00-21.30 horas

Criterios de prevención de intoxicación por praguicidas. Condutas que se deben seguir no caso de intoxicación. Antídotos.

Práctica: primeiros auxilios. Masaxe cardíaca.

Día 10.5.2012

16.00-21.30 horas

As pragas. Historia ecolóxica das pragas. Clasificación e características.

Pragas urbanas. Bioloxía das pragas urbanas. Pragas de interese en saúde pública. Microorganismos produtores de enfermidades: bacterias, fungos, pragas de insectos e ácaros.

Práctica: identificación.

Día 15.5.2012

16.00-21.30 horas

Pragas de roedores. Aves. Métodos de loita antivectorial.

Métodos físicos e mecánicos. Métodos biolóxicos.

Práctica: manexo de cebos.

Día 16.5.2012

16.00-21.30 horas

Biocidas e ambiente.

Residuos de biocidas e contaminación.

Día 22.5.2012

16.00-21.30 horas

Biocidas e ambiente.

Medidas preventivas de contaminación do ambiente. Alteracións do equilibrio ecolóxico.

Día 24.5.2012

16.00-21.30 horas

Biocidas e ambiente.

Eliminación de envases. Pautas. Problemas derivados. Avaliación.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2012.

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado.

Entidade organizadora: Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U.

Datas: os días 17, 19, 24, 26 de abril e 2, 3, 8, 10, 15, 16, 22, 24 de maio de 2012, das 16.00 ás 21.30 horas.

Lugar de realización do curso:

Instalacións de Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U.

Avda. Primo de Rivera, n.º 4, 2.º local 6-7.

15006 A Coruña.

Duración: 60 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: 16.00-21.30 horas.

N.º de prazas: máximo 20 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviaranse a Biocontrol, avda. Primo de Rivera, n.º 4, 2.º, local 6-7, 15006 A Coruña. Teléfono: 981 24 54 18, fax: 981 16 81 59, correo electrónico biocontrol@biocontrolbcl.com, xunto coa seguinte documentación:

– Xustificante de ingreso de 520 euros/alumno na conta Biocontrol, S.L. do BBVA co número 0182 2201 45 0201581606.

Data límite de presentación de solicitudes: ata o día 12 de abril de 2012 (2 de abril para empresas bonificadas).

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

EMPRESA: ...........................................................................................................................................................

CIF: .......................................................................................................................................................................

ENDEREZO: .........................................................................................................................................................

LOCALIDADE: ......................................................................................................................................................

TELEF.: ............................................................FAX:.............................................................................................

CORREO ELECTRÓNICO: ..................................................................................................................................

APELIDOS: ...........................................................................................................................................................

NOME: ..................................................................................................................................................................

NIF: ........................................................................................................................................................................