Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 7014

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 1 de febreiro de 2012, do Servizo de Mobilidade de Lugo, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente LU-01628-O-2011 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta a través dun ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará neste Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Lugo, 1 de febreiro de 2012.

M.ª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-01628-O-2011

4318-DYK

Garda Civil 2701 R10457X

Juan Carlos Sendino Pérez

09328441D

D Teresa Cartagsarabia 1

09001 Burgos

Exceso nos tempos máximos de condución diaria ata un 20% (sobre 10 horas). Máis de 10.30 horas a 11 horas.

3.7.2011; 17.45; A-6; 455,00

Art. 142.3 LOTT, Art. 199.3 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT, Art. 201.1.c) ROTT

325 euros

LU-01648-O-2011

3132-DCM

Garda Civil 2701 R10457X

Garcifig, S.L.

B20948667

Paseo de Alza, 13-1.º

20017 Donostia-San Sebastián (Guipúzcoa)

Exceso nos tempos máximos de condución bisemanal ata un 20% (90 horas). Máis de 99 horas.

15.7.2011; 17.20; N-120; 498,00

Art. 142.3 LOTT, Art. 199.3 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT, Art. 201.1.c) ROTT

350 euros

LU-01658-O-2011

2880-BML

Garda Civil 2704 N31187R

Juan Carlos Cela Cao

33994207T

San Martiño 9

27780 Foz (Lugo)

Carecer do/ou dos correspondentes precintos regulamentarios.

30.6.2011; 19.00; AG-64; 55,900

Art. 141.5 LOTT, Art. 198.5 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT, Art. 201.1.f) ROTT

301 euros

LU-01747-O-2011

LU-6467-P

Garda Civil 2701 V08644T

Esshaibi Said

X1896269B

Juana Ibarborou 3-3

27003 Lugo

Exceso de peso sobre a M.M.A superior ao 6% ata o 15%, en vehículos de ata 10 Tm. Exceso de peso superior ao 7%.

9.7.2011; 7.28; N-640; 89,00

Art. 142.2 LOTT, Art. 199.2 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT, Art. 201.1.c) ROTT

311 euros

LU-02005-O-2011

9559-BRV

Garda Civil 2701 V08644T

Óscar Minguito García

16297626X

Martín Susaeta 1-8.º D

01010 Vitoria-Gasteiz (Álava)

Minoración ata o 20% nos períodos de descanso diario obrigatorio (sobre 9 horas). Menos de 8 horas a 7 horas e 12 minutos.

13.9.2011; 3.30; A-6; 529,00

Art. 142.3 LOTT, Art. 199.3 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT, Art. 201.1.c) ROTT

400 euros