Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 7025

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Vilanova de Arousa (expediente IN407A 2012/19-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., CD Baión 999.

Situación: Vilanova de Arousa.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor R.H.Z. de 68 metros de lonxitude, con orixe e final na L.M.T. existente TIB806, na arqueta existente entre os CC.TT. polígono San Simón III e polígono San Simón II, unha vez que entre e saia do C.S. proxectado Baión 999. Centro de seccionamento, con celas compactas con corte en SF6, situado no polígono de San Simón, Baión, Vilanova de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 2 de febreiro de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra