Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 7029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Asociación de Empresas Gallegas de Software Libre de Galicia (Agasol).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, sobre depósito dos estatutos das organizacións constituídas ao amparo da Lei 19/1977, do 1 de abril, reguladora do dereito de asociación sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral presentouse certificado da acta da asemblea xeral extraordinaria da Asociación de Empresas Gallegas de Software Libre de Galicia (Agasol), onde se reflicte o acordo acadado o 16 de xuño de 2011, en que se recolle a modificación dos estatutos da dita asociación, e o cambio de domicilio social, que pasa a ser na rúa do Pombal, 43 baixo esquerda, 15705 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais