Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 7040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 28 de novembro de 2011 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións das bateas Benito I, Buján I e J.B. I.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Benito I, Buján I e J.B. I, e das concesións administrativas que os amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escritos do 14.10.2011, Dolores Buján Domínguez, en representación da comunidade de herdeiros de Manuel González Piñeiro, solicitou autorización para a transmisión das concesións das bateas Benito I, Buján I e J.B. I.

Segundo. A interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos, sobre as características das bateas, e do Servizo Técnico Xurídico, sobre a tramitación dos expedientes, son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, que a modifica, e coa Orde do 25 de novembro de 2009 de delegación de competencias nos xefes territoriais da Consellería do Mar.

Segundo. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Dolores Buján Domínguez (33150169-Q), das concesións que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Benito I.

Situación:

Cuadrícula n.º: 190.

Polígono: C.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 23.5.1969.

Tipo: batea.

Nome: Buján I.

Situación:

Cuadrícula n.º: 193.

Polígono: C.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 6.7.1972.

Tipo: batea.

Nome: J.B. I.

Situación:

Cuadrícula n.º: 191.

Polígono: C.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 6.7.1972.

Actuais titulares: Manuel González Piñeiro e Dolores Buján Domínguez (33150169-Q).

Nova titular: Dolores Buján Domínguez (33150169-Q).

A nova titular da concesión subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 28 de novembro de 2011.

P.D. (Orde 25.11.2009; DOG núm. 235, do 1 de decembro)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo