Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 7050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de febreiro de 2012 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición contra a Resolución do 7 de febreiro de 2011, do expediente sancionador 71.5/96, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu enderezo descoñecido.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística resolveu, o 19 de xaneiro de 2012, desestimar o recurso potestivo de reposición interposto por Arturo Garrido Rodríguez contra a Resolución do 7 de febreiro de 2011, ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sobre imposición dunha terceira multa coercitiva como consecuencia do incumprimento do ordenado nas resolucións do 30 de abril de 1997, do 15 de febreiro de 2010 e do 22 de xuño de 2010, polas que se ordena a demolición das obras consistentes na construción do pechamento dunha estrutura existente de planta baixa e adición dun ático, no lugar da praia de Babeceira-Lourido, no concello de Poio e, en consecuencia, confirmar a resolución contra a cal se recorreu.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución do recurso de reposición, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland - Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe intepoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística