Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7289

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

EDICTO polo que se solicita a licenza de apertura de Automóviles Paco, S.L.

Francisco Fernández Castro, en representación da entidade Automóviles Paco, S.L., solicitou neste concello licenza municipal de apertura para a actividade de exposición, venda e mantemento de vehículos industriais e maquinaria, nas instalacións situadas na autovía A-52, saída 217, en Currás deste concello, e de conformidade co disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por termo de vinte días, mediante edictos no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que durante o prazo de exposición ao público, que empezará a contar desde a última publicación, poida examinarse o expediente na Secretaría deste Concello, en horario de oficina.

San Cibrao das Viñas, 13 de febreiro de 2012.

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde