Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 29 de febreiro de 2012 Páx. 7306

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

ORDE do 15 de febreiro de 2012 pola que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Galego de Saúde en representación da cidadanía.

A Lei 8/2010, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, recolle no seu artigo 13 que a cidadanía da Comunidade Autónoma de Galicia terá dereito a participar na xestión do Sistema Público de Saúde de Galicia a través dos órganos de participación comunitaria. No seu capítulo VI recolle a participación na formulación da política sanitaria e no control da súa execución como un dereito da cidadanía e da sociedade en xeral, un valor social e un instrumento de cooperación e información no ámbito do Sistema Público de Saúde de Galicia, para a mellora da saúde e do benestar da cidadanía.

No artigo 24 regúlase o Consello Galego de Saúde como o principal órgano colexiado de participación comunitaria no Sistema Público de Saúde de Galicia, ao cal lle corresponde o asesoramento á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia na formulación da política sanitaria e no control da súa execución. Regúlase, así mesmo, a súa composición e funcións, establecendo o nomeamento e separación do cargo pola persoa titular da Consellería de Sanidade, por proposta de cada unha das representacións que o compoñen.

Coa finalidade de adaptar a composición do Consello á regulamentación normativa, recollendo a nova titularidade de determinados órganos na representación da Administración sanitaria e as novas designacións realizadas polas entidades a que corresponde, así como os conseguintes cesamentos, cómpre proceder a dispor o cesamento e nomear como membros do Consello Galego de Saúde as persoas que se relacionan nos anexos I e II desta orde.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, en relación co artigo 24 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Que cesen como vogais do Consello Galego de Saúde as persoas indicadas no anexo I desta orde.

Artigo 2.

Nomear como vogais do Consello Galego de Saúde as persoas indicadas no anexo II desta orde.

Disposición derrogatoria única.

Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto nesta orde.

Disposición derradeira única.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2012.

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

Anexo I

Cesan como membros do Consello Galego de Saúde:

– Pilar Farjas Abadía, nomeada en representación da Consellería de Sanidade.

– Sagrario Pérez Castellanos, nomeada en representación da Consellería de Sanidade.

– José Antonio Dono López, nomeado en representación da cidadanía, designado pola Fegamp.

– Claudio Garrido Martínez, nomeado en representación da cidadanía, designado pola Fegamp.

– Xoán Manuel Sande Muñiz, nomeado en representación da cidadanía, designado pola Deputación Provincial da Coruña.

– José Enrique Sotelo Villar, nomeado en representación da cidadanía, designado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

– M.ª José Vega Buján, nomeada en representación da cidadanía, designada pola Deputación Provincial de Lugo.

– Plácido Álvarez Dobaño, nomeado en representación da cidadanía, designado pola Deputación Provincial de Ourense.

– Concepción Herrero López, nomeada en representación da Universidade da Coruña.

Anexo II

Noméanse membros do Consello Galego de Saúde:

– Antonio Fernández-Campa García-Bernardo, secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade.

– Félix Rubial Bernárdez, director de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde.

– Cipriano Caamaño Castro, alcalde de Boborás, nomeado en representación da cidadanía, designado pola Fegamp.

– Marcial Sanjurjo Fernández, alcalde de Ourol, nomeado en representación da cidadanía, designado pola Fegamp.

– Miguel de Santiago Boullón, en representación da cidadanía, designado pola Deputación Provincial da Coruña.

– Marta Iglesias Bueno, en representación da cidadanía, designada pola Deputación Provincial de Pontevedra.

– Manuel Martínez Núñez, en representación da cidadanía, designado pola Deputación Provincial de Lugo.

– José Manuel Freire Couto, en representación da cidadanía, designado pola Deputación Provincial de Ourense.

– Ricardo Cao Abad, nomeado en representación da Universidade da Coruña.