Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 29 de febreiro de 2012 Páx. 7343

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2012 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2.

Na sesión que tivo lugar o día 22 de febreiro de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 15 de decembro de 2011 (DOG número 240, do 19 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG número 142, do 26 de xullo), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Modificar no modelo de respostas publicado as contestacións ás preguntas número 13 e 25 do primeiro exercicio, de maneira que as respostas correctas son as letras c) e b) respectivamente.

Segundo. Anular, con base nas alegacións presentadas, as preguntas número 27, 40 e 47, que pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva números 101, 102 e 103.

Terceiro. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Cuarto. Que de acordo co establecido na base II.1.1.1 da orde da convocatoria, superaron o primeiro exercicio polo sistema de acceso xeral os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos, fixándose en setenta e cinco (75) o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na mesma base.

Quinto. Para a cota específica da base I.1.1, e de acordo co establecido nas bases II.1.1.1 e II.1.2.7 da orde de convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos, fixándose en sesenta e seis (66) o número de respostas correctas, unha vez feitas as deducións previstas na citada base II.1.1.1.

Sexto. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polos/polas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Sétimo. Que de acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2012.

María del Mar Pousa Cobas
Presidenta do tribunal