Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 29 de febreiro de 2012 Páx. 7480

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva de material de oficina (MS-SER1-12-004).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro s/n, 2.º andar.

3) Localidade e código postal: 15703 – Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: MS-SER1-12-004.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de material de oficina.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: un ano desde a formalización do contrato.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 30199000-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios valorables de forma automática (sobre B)

Oferta económica

10

4. Valor estimado do contrato: 74.972,81 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 34.078,55 euros. Importe total: 40.212,69 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5% do importe da licitación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver puntos 16 e 17 da folla de especificacións (carátula).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida no punto 19 da folla de especificacións, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 – Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 – Santiago de Compostela.

c) A data e a hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: ver carátula e prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2012.

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos