Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2012 Páx. 7581

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 6 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador S-72/2011, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 16 de xaneiro de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou a resolución do expediente sancionador S-72/2011, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo, a A Cova do Frade, S.L.L. (Albergue A Cova do Frade).

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a A Cova do Frade, S.L.L. (Albergue A Cova do Frade) o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novacaixagalicia); en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 6 de febreiro de 2012.

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

N.º de expediente: S-72/2011.

Interesada: A Cova do Frade, S.L.L. (Albergue A Cova do Frade).

Último enderezo coñecido: rúa O Salvador, 1, concello de Samos (Lugo).

Feitos imputados: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos:

– Artigos 5, 7.1.b), 8.2, 14.1.c) e punto A.a) do anexo 3 do Real decreto 865/2003, do 4 de xullo, polo que se establecen os criterios hixiénico-sanitarios para a prevención e control da lexionelose.

– Artigo 7 do Decreto 9/2001, do 11 de xaneiro, polo que se regulan os criterios sanitarios para a prevención da contaminación por lexionela nas instalacións térmicas.

– Artigo 35.a.3. da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

– Artigo 41.h) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Tipificación provisional: leve.

Sanción imposta: novecentos euros (900 €).