Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2012 Páx. 7596

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Piñor

ANUNCIO de modificación da delimitación do núcleo rural de Cotelas.

De conformidade co disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, e a Lei 2/2010, do 25 de marzo, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, expónse ao público o expediente iniciado por instancia de Marcos Antonio González de Sousa, de modificación da delimitación do núcleo rural de Cotelas, por un prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de posibles alegacións ou reclamacións.

Piñor, 11 de xaneiro de 2012.

Francisco José Fraga Civeira
Alcalde