Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7741

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 8 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicas dúas resolucións do 14 de decembro de 2011 de desistencia de petición de axuda polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia e axuda excepcional, reguladas na Orde do 17 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 60, do 25 de marzo), relativas aos expedientes TR341D 2011/1378-2 e TR341D 2011/1379-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin a vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante esta Xefatura Territorial da Consellería de Traballo, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, n.º 70 baixo, Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 8 de febreiro de 2012.

Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

N.º de expediente: TR341D 2011/1378-2.

Nome: Berca Pereyra Javier de Fernández.

DNI/NIF: X1892565-X.

Último enderezo coñecido: rúa Castelao, 10, 2.º, 27400 Monforte de Lemos, Lugo.

Procedemento: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Feito imputado: non ter presentado a documentación requirida, logo de transcorrer o prazo concedido.

Contido da resolución: desistencia de petición da solicitude.

N.º de expediente: TR341D 2011/1379-2.

Nome: Berca Pereyra Javier de Fernández.

DNI/NIF: X1892565-X.

Último enderezo coñecido: rúa Castelao, 10, 2.º, 27400 Monforte de Lemos, Lugo.

Procedemento: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia - axuda excepcional.

Feito imputado: non ter presentado a documentación requirida, logo de transcorrer o prazo concedido.

Contido da resolución: desistencia de petición da solicitude.