Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 8086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 8 de febreiro de 2012, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento aos debedores que se relacionan (expediente C-136-CD/63, conta 106 e oito máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30.1 do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido de VPO, e no punto primeiro do artigo 138.1 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, en relación coa Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia, notifícaselles aos interesados cos datos e domicilio (identificado por número de expediente e conta) que a seguir se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ao total da débeda os posteriores vencementos que resulten sen pagar e que lles serán reclamados por todos os medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do antedito regulamento de VPO en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ao día nas súas obrigas ou comparezan na xefatura da Área Provincial da Coruña, en trámite de audiencia, para os efectos de presentar os documentos e xustificacións que coiden convenientes ao seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución dos seus contratos, que se acordará no expediente de desafiuzamento ou, de ser o caso, execución hipotecaria, iniciado co presente documento, e que rematará co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro adxudicatario.

A Coruña, 8 de febreiro de 2012.

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Interesados: herdeiros de Ramona Díaz Moure.

Expte.: C-136-CD/63 (F.P. 30/11).

Conta: 106.

Enderezo: r/ Rosas, bloque 3, P-3, baixo D (A Coruña).

Importe da débeda: 128,82 €.

Interesados: José Manuel Barbeito Galmán e herdeiros (Dolores Bergondo Grien).

Expte.: C-82/030 (F.P. 31/11).

Conta: 183.

Enderezo: r/ Rafael Alberti, 4-2.º A (A Coruña).

Importe da débeda: 1.535,64 €.

Interesados: Rosa M.ª Gómez Patiño, Juan Heredia Perales e outros.

Expte.: C-1-CD/79 (F.P. 33/11).

Conta: 394.

Enderezo: Glasgow, 2-9.º B (A Coruña).

Importe da débeda: 1.021,45 €.

Interesados: Sara González Bellón e herdeiros de Juan Sánchez Cabello.

Expte.: C-136-CD/63 (F.P. 34/11).

Conta: 126.

Enderezo: r/ Rosas, bloque 3, P-4, 6.º D (A Coruña).

Importe da débeda: 69,96 €.

Interesados: herdeiros de María Rey Catoira.

Expte.: C-136-CD/63 (F.P. 35/11).

Conta: 156.

Enderezo: r/ Rosas, bloque 3, P-7, 1.º D (A Coruña).

Importe da débeda: 63,60 €.

Interesados: Manuela Rodríguez Vázquez e herdeiros.

Expte.: C-136-CD/63 (F.P. 37/11).

Conta: 330.

Enderezo: r/ Hortensias, bloque 11, P-2, 4.º D (A Coruña).

Importe da débeda: 149,46 €.

Interesados: Palmira Lagares Galán e herdeiros.

Expte.: C-136-CD/63 (F.P. 39/11).

Conta: 745.

Enderezo: r/ Petunias 4, bloque 27, P-1, 6.º A (A Coruña).

Importe da débeda: 73,26 €.

Interesados: M.ª Luisa Ramos Novoa, Vicente Yepes Vargas e herdeiros.

Expte.: C-136-CD/63 (F.P. 41/11).

Conta: 755.

Enderezo: r/ Petunias, 4, bloque 27, 8.º C (A Coruña).

Importe da débeda: 487,20 €.

Interesados: herdeiros de Juan Alonso Dopico.

Expte.: C-136-CD/63 (F.P. 44/11).

Conta: 805.

Enderezo: r/ Petunias, 2, bloque 28, P-1, 10.º A (A Coruña).

Importe da débeda: 87,63 €.