Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 7900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2012, da Subdirección Xeral de Recadación, polo que se relacionan acordos de aprazamentos/fraccionamentos de pagamento pendentes de notificar e se emprazan as interesadas que se sinalan para seren notificadas por comparecencia (Transplanta Lugonorte, S.L. e dúas máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónanse acordos de aprazamentos/fraccionamentos pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse as interesadas que figuran no anexo para ser notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servizo Central de Recadación en aplicación do establecido no punto 2.3. do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Servizo Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza 8-4.º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2012.

Matías Alonso del Campo
Subdirector xeral de Recadación

ANEXO

Interesado

CIF

Enderezo

Providencias

Importes

Transplanta Lugonorte, S.L.

B27305309

R/ Caravel, 19 3.º C, 27003 Lugo

11790191556

11790212423

11790212467

2.400,00 €

3.961,20 €

2.401,20 €

Preisberk de Construcciones, S.L.

B15427768

Lg. de Uxes, s/n, 15142 Arteixo, A Coruña

11790187662

7.212,16 €

Barcena Deben, Covadonga

32751767C

R/ Bidueiro, 10, 15176 Oleiros, A Coruña

11790148810

2.274,62 €