Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 7938

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Bóveda (expediente IN407A 2011/132-2, 7968 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Asistencia Integral Personalizada, S.L.

Domicilio social: avda. de Monforte, 21, 1.º, 27500 Chantada, Lugo.

Denominación: C.T. para residencia de discapacitados e centro de día.

Situación: concello de Bóveda.

Características técnicas:

– C.T. prefabricado tipo PFU-5, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230V.

– C.S. en edificio prefabricado tipo PFU-5, con entrada independente para a compañía distribuidora no cal se instalan tres celas de liña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 1 de febreiro de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo