Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 7940

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica P.S. CR Pista dos Castros 0000 no concello de Xinzo de Limia (expediente IN407A 2012/1-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.

Denominación: P.S. CR Pista dos Castros 0000.

Situación: Xinzo de Limia.

Descricións técnicas:

L.M.T. subterránea a 20 kV de 46 m con condutor R.H.Z.1 e orixe na L.M.T. existente XIN807 ao C.T. (32CGZ7 avda. Ourense 47 e final na L.M.T. XIN807 ao C.T. E2CFQ4 urb. sector SU 1 Xinzo. Orzamento: 3.483,81 euros).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita en Curros Enríquez, 1 - 4.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 9 de febreiro de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense