Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 7944

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 14 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2011/539-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndolles de que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23.11.2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente n.º: RL2011/539-1.

Acta de infracción: I1520110000120933.

Empresa: Construcciones Dakota Spring, S.L.

NIF: B86031853.

Enderezo: rúa Cartaya, 6, 28938 Móstoles (Madrid).

Materia: seguridade e hixiene (obra centro comercial Marineda City, A Coruña).

Normativa infrinxida: artigos 14, 32 bis 1.a) e b) e 4 e disposición adicional décimo cuarta da Lei 31/1995, do 8 de novembro; e artigos 4.2.d) e 19.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigo 12.15.a) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (falta grave en grao mínimo).

Data da resolución: 16.12.2011.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Construcciones Dakota Spring, S.L. unha sanción por importe de dous mil corenta e seis euros (2.046 €).

A Coruña, 14 de febreiro de 2012.

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña