Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 7870

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (967/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria do Xulgado do Social número 3 da Coruña (reforzo), fago saber que nos autos rexistrados co n.º 967/2009 foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva é o seguinte:

«Sentenza:

A Coruña o 8 de febreiro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 967/2009, sendo demandante Silvia Pardo Rodríguez, asistida polo letrado Sr. Martínez Ramonde, e demandada a empresa De Luxe Santa Cristina, S.L., decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Silvia Pardo Rodríguez contra a empresa De Luxe Santa Cristina, S.L., e, en consecuencia, condeno esta última a aboar a Silvia Pardo Rodríguez a cantidade de 3.142,93 euros que debe.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a De Luxe Santa Cristina, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Na Coruña o 10 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial