Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 8080

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 15 de febreiro de 2012 pola se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 4 de abril de 2011, ditada no expediente S-2010/033-C, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou o 9 de xaneiro de 2012 a resolución pola cal se desestima o recurso potestativo de reposición interposto por Monserrat Rodríguez Lavandeira, no seu propio nome e en representación doutros, contra a Resolución do 4 de abril de 2011, ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras consistentes na instalación de casetas, contedores, depósito de acumulación e valo, na paraxe de Pousa, no lugar de Abanqueiro, termo municipal de Boiro, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución á citada interesada, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á citada interesada a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, 1.º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.2.ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia da Protección da Legalidade Urbanística