Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 8099

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rodeiro

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza municipal para construción de nave destinada a galiñas.

Alejandro Varela Calviño, solicitou desta alcaldía licenza municipal para a construción de nave destinada a galiñas poñedeiras en ecolóxico, que se situará na parcela 94 do polígono 77, do concello de Rodeiro.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, que regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Rodeiro, 20 de febreiro de 2012.

Luís López Diéguez
Alcalde