Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2012 Páx. 8236

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Silleda

ANUNCIO de solicitude de apertura de local para supermercado de Distribuidora Internacional de Alimentación, S.A.

Presentada neste concello por M.ª Jesús García Suárez, en representación de Distribuidora Internacional de Alimentación, S.A., presentou neste concello solicitude de licenza municipal para o acondicionamento e a apertura de local para dedicalo a supermercado de alimentación, na rúa Venezuela n.º 18-baixo (Silleda), en cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese o expediente á exposición pública durante o prazo de vinte días, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, tamén estará exposto no taboleiro de anuncios do concello e o expediente poderá consultarse no Departamento de Urbanismo do concello os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, todo isto para os efectos de posibles reclamacións.

Silleda, 28 de febreiro de 2012.

Paula Fernández Pena
Alcaldesa presidenta