Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2012 Páx. 8414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2012 pola que se anuncia a licitación por lotes, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación urxente, dun contrato de servizos suxeito a regulación harmonizada.

– Contratación por lotes dos servizos de conservación, mantemento e mellora das instalacións eléctricas dos portos pertencentes a Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Dirección de Operacións.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: os servizos obxecto deste contrato comprenden a execución das operacións de conservación, mantemento e mellora das instalacións eléctricas dos portos pertencentes a Portos de Galicia que, para cada lote, se especifican no prego de prescricións técnicas particulares (PPT). Os licitadores poderán optar, á súa elección, a un ou varios dos lotes que constitúen o obxecto deste contrato.

b) División por lotes e número de lotes/número de unidades: o contrato divídese en 6 lotes, descritos no PPT.

c) Lugar de execución ou de entrega dos bens: os servizos serán executados nos portos pertencentes a Portos de Galicia que, para cada lote, se indican no PPT.

d) Valor estimado total do contrato: 672.348,00 euros, IVE excluído.

e) Orzamento total de licitación: seiscentos setenta e dous mil trescentos corenta e oito euros (672.348,00 €), IVE excluído.

f) Importe do IVE (8%): 121.022,64 euros.

g) Prazo de execución: vinte e catro (24) meses.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración (sistema multicriterio).

4. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do orzamento de licitación, IVE excluído, e deberá constituírse unha para cada un dos lotes.

5. Obtención de documentación e información.

a) Solicitude de información e consultas sobre os pregos: farase a través de correo electrónico dirixido á seguinte conta de correo: laura.gonzalez.gurgueiro@xunta.es

Teléfono: 881 88 16 45.

b) Obtención de documentación: o PPT, o prego tipo de cláusulas administrativas particulares (PCAP), o cadro de características do contrato (CCC) e os seus correspondentes anexos poderanse obter no perfil de contratante, no seguinte enderezo:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17216

Neste perfil poderase facer o seguimento das diversas fases do procedemento de contratación.

c) A data límite de obtención de documentación e información coincide coa data límite de presentación de ofertas establecida no número 7.a) deste anuncio.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: no caso de optar a máis dun lote, será a exixida en virtude do disposto no número 9.1 do CCC.

Neste caso, os licitadores tamén deberán acreditar a súa solvencia técnica ou profesional conforme o disposto no punto 9.2.2.B/ do CCC, en relación aos medios humanos e materiais mínimos exixibles.

b) Outros requisitos: no suposto de non resultar exixible a clasificación, os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica e financeira e a técnica ou profesional conforme o disposto nos números 9.2.1 e 9.2.2.A/, respectivamente, do CCC.

En todo caso, os licitadores deberán observar o cumprimento de todos os demais requisitos que, de ser o caso, estean especificados tanto no PCAP como no PPT.

7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará o 16 de abril de 2012, ás catorce (14.00) horas.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado nos números 12, 9.1 e 2 do CCC e na cláusula 4.7 do PCAP e no PPT.

As proposicións presentaranse en tres (3) sobres pechados, con tantos sub-sobres en cada un deles como lotes a que se opte, segundo se especifica no número 4.7 do PCAP.

c) Lugar da presentación:

– Entidade: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da entidade pública Portos de Galicia.

– Enderezo: praza de Europa, 5-A, 6.º, Polígono das Fontiñas (Área Central).

– Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

– Teléfono: 902 40 08 70.

– Fax: 981 54 53 24.

Tamén poderán presentarse por correo certificado dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4.º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura pública das proposicións económicas.

e) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente mais vantaxosa determinarase en virtude da aplicación dos criterios establecidos no número 14.1 do CCC.

f) Variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas de Portos de Galicia.

b) Enderezo: praza de Europa, n.º 5-A, 6.º, Polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: 15707 Santiago de Compostela.

d) Data de apertura: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. En caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

No acto público de apertura do sobre B, a mesa fixará e dará publicidade á data, lugar e hora en que se procederá á apertura do sobre C.

e) Hora: 12.00 horas.

Se por algún motivo houbese que modificar a data de realización dalgún acto público de apertura de proposicións, reflectirase a nova data no perfil de contratante.

9. Outras informacións: a mesa de contratación, en cumprimento do disposto na cláusula 4.8.1.b) do PCAP, comprobará en acto previo a documentación administrativa (sobre A) e publicará no perfil de contratante e no taboleiro de anuncios dos Servizos Centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, se for o caso e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

10. Gastos do anuncio: os gastos que deriven da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio de licitación do contrato ao Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE): 1 de marzo de 2012.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2012.

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia