Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2012 Páx. 8392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2012, da Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, polo que se empraza á empresa Urbanizadora Gallega de Suelo, S.L. para ser notificada por comparecencia no expediente IN520A-2008-1043.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a súa notificación polo servizo de Correos e ao non ter sido posible, emprázase o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, sita no edificio administrativo San Caetano, s/n, bloque 5-4.ª planta, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Interesado

NIF

Expediente

Acto de notificación

Urbanizadora Gallega de Suelo, S.L.

B15835390

IN520A-2008-1043

Requirimento de presentación de documentación xustificativa

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2012.

Yolanda García Ulla
Subdirectora xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información