Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2012 Páx. 8405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 9 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2012006TA-PO incoado por infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Con data do 16 de xaneiro de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador 2012006TA-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Crhistian Portela Cons, con DNI 77012403.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Crhistian Portela Cons o contido da referida proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no edificio administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda número 43-1.ª andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do devandito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 9 de febreiro de 2012.

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2012006TA-PO.

Denunciado: Crhistian Portela Cons, con DNI 77012403.

Último enderezo coñecido: rúa Atranco, número 35, 2.º, Coiro, 36947 Cangas (Pontevedra).

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 7) «Prohíbese fumar, ..., en: u) Bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados».

Tipificación: unha infracción tipificada como leve no artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medias sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: trinta euros (30 €).