Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2012 Páx. 8409

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 17 de febreiro de 2012, da Xefatura Comarcal de Vilagarcía de Arousa, pola que se fai pública unha relación de notificacións de incoación de expedientes sancionadores (PESAN1 2011/000887-5 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a incoación dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro).

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentaren ante a xefatura comarcal as alegacións que coiden pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na Xefatura Comarcal de Vilagarcía de Arousa (O Carril, Alto da Rosa, s/n).

N.º de expediente: PESAN1 2011/000887-5.

Denunciado: David Otero Outeda.

DNI: 76869459-D.

Enderezo: rúa Alexandre Bóveda, 39, 5.º A, O Grove (Pontevedra).

N.º de expediente: PESAN1 2011/001330-5.

Denunciado: Antonio Bea Álvarez.

DNI: 35424420-G.

Enderezo: O Montiño, 1, O Grove (Pontevedra).

Vilagarcía de Arousa, 17 de febreiro de 2012.

Fco. Javier Briz Domínguez
Xefe comarcal de Vilagarcía de Arousa