Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2012 Páx. 8332

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 23 de febreiro de 2012 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Por outra banda, a teor do previsto no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de xuño de 2002, no cal se fixou a composición do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, nel intégrase un representante dos concellos de Cervo e Xove, que alternarán cada dous anos.

Tendo en conta que mediante a Orde do 25 de novembro de 2009 (DOG núm. 240, do 10 de decembro) se dispuxo o nomeamento de vogal en representación do Concello de Cervo, transcorrido o período de dous anos antes indicado, cómpre efectuar un novo nomeamento.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

O cesamento de Alfonso Villares Bermúdez como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, en representación do Concello de Cervo, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2012.

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar