Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2012 Páx. 8383

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (33/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do Reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 33/2009, seguido neste xulgado, foi ditada a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Na Coruña, vinte e sete de xaneiro de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo n.º 33/2009 seguidos por instancia de Begoña Meirama Francos, representada pola letrada Sra. Vázquez Méndez contra a empresa Construciones Ribasar, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando integramente a demanda formulada por Begoña Meirama Francos, representada pola letrada Sra. Vázquez Méndez, contra a empresa Construciones Ribasar S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 4.424,88 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do ET. Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recurso que se debe anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e do cal coñecerá, se for o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado por Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construciones Ribasar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, na Coruña o 16 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial