Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2012 Páx. 8376

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (892/2008).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que na resolución ditada o día 25.11.2011 no proceso seguido por instancia de Rubén Couto Canedo contra a empresa Marina Cendan Pérez-Grupo Jumacen en reclamación por cantidade, rexistrado co número 892/2008, se acordou notificarlle á citada empresa a seguinte sentenza:

«Decido que, admitindo a demanda interposta polo demandante Rubén Couto Canedo contra Marina Cendan Pérez-Grupo, debo condenar e condeno a empresa Marina Cendan Pérez-Grupo Jumacen a que lle aboe ao demandante a cantidade de 3.373,11 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Marina Cendan Pérez-Grupo Jumacen, en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para a súa colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 16 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial