Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2012 Páx. 8378

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (805/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que na sentenza ditada o día 14.2.2012, no proceso seguido por instancia de Rene Limonta Reyes contra Electrocomunicaciones Galicia, S.L. e Fogasa e en reclamación por cantidade, rexistrado co número 805/2009, se acordou notificar a Electrocomunicaciones Galicia, S.L. a seguinte sentenza cuxo encabezamento e decisión din o seguinte:

«Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Sentenza n.º 88/12.

N.º de autos: demanda 805/2009.

Na cidade da Coruña, 14 de febreiro de 2012.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 do xulgado e localidade ou provincia A Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Rene Limonta Reyes, que comparece asistido do letrado Sr. Martínez Vázquez, e doutra como demandado Electrocomunicaciones Galicia, S.L. e Fogasa, que non comparecen malia estar citados en legal forma.

Decido que, estimando a demanda interposta polo demandante Rene Limonta Reyes, debo condenar e condeno a empresa Electrocomunicaciones Galicia, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 3.525,12 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncio, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Electrocomunicaciones Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 17 de febreiro de 2012.

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial